29 January 2008

Canon EOS 400D (II)

A miña Canon EOS 400D xa chegou. Onte, aproveitando que era o cumple da miña nai, collín o coche e fun ata Pontevedra para levarlle o agasallo e coller a miña cámara, xa que os de Pixmañía dicían que chegaba onte. O tipo de Seur escarallouse da risa cando me viu aparecer dicindo "O meu paquete!!!". Cando o abrín dábame tanto medo estropeala que esperei a que viñese o meu irmán para poñerlle o obxectivo pero logo xa me animei e funlle sacando unhas fotos a miña nai e á miña avoa e xa pola noite, en Santiago, saqueille fotos á Fer, Sheamais, á estantería, á tele, á fiestra, á lámpara, ao chan, á mesa...

Ao principio usei o "modo automático", pero a ver se agora que xa teño as instruccións en castelán (comprar por internet fai que só veñan en italiano, francés e... alemán!) a ver se me cosco de que van todos os botóns e comezo a facer os meus pinitos...

Por certo, onte cumprise o 78º aniversario do pasamento de Manuel Antonio e que dor sentín nos oídos cando escoitei na RG unhas adaptacións musicais dos seus poemas feitas por uns "artistas"...

P.D.: Lin nunha web que o meu blog ten moito "Buzz". Alguén pode explicarme que é iso?

20 January 2008

Canon EOS 400D

Levo semanas pensando en comprar unha cámara de fotos, unha réflex dixital. Realmente xa quería facelo hai meses, pero agora que teño un soldo decente e diñeiro aforrado decidínme a facer esta gran inversión (só con dicir que o outro día cando entrei a informarme nunha tenda saín co estómago revolto ao ver os prezos...).

Xa puxen os meus ollos no modelo da foto, pero aínda teño que agardar a consultalo cos meus asesores e a que o meu irmán me presente os presupostos das ofertas qu está mirando en Rebelio e Pixmanía (por certo, alguén pode asegurarme que non vou ter ningún problema se a merco por Internet?). Bueno, agora so pido que se pasa por aquí algún experto no tema que me asesore, aínda que non creo que me sirva de moito que uns me digan que Olympus moi ben e outros que moi mal, ou que Nikon é unha caca ou que está moi ben...

19 January 2008

Quin


Normalmente faise incómodo ir co veciño no ascensor, pero nunca pensei en compartir a experiencia de baixar dúas plantas con el... Por certo, aínda que teña cara de osiño, encantoume descubrir a boa percha que ten o noso vicepresidente...