30 July 2006

Guapa

Acabo de mirarme no espello e véxome guapa. Esta clase de cousas, que pasan poucas veces, débese a que estou feliz. Porque cando estou contenta, véxome esplendorosa. E a miña ledicia de hoxe é porque os meus pais xa o coñecen e están encantados da vida, xa que lles parece xeitoso, guapo e intelixente. Como dixo miña nai: "Bueno, hoxe dimos un paso máis".

Pero e que hoxe, ademáis deste encontro trnscendental, antes houbo outro, quizáis máis importante, se cabe. Porque hoxe houbo xantanza da blogaliza! Alí estaba moita xente do blogomillo (dáme moitísma pereza poñerme agora cos links, a verdade) e nestres intres só me apetece pedirlles perdón, por estar tan sosa esta tarde. E é que eu podo ser do máis descarada no fedello, pero na vida real teño moitísima vergoña. E por iso non me atrevín a pedirlle perdón de xeonllos a Ghanito e confesarlle que é un dos homes máis guapos e atractivos que vin na miña vida. E non tiven valor para decirlle a Ascárida que o meu último post está inspirado nela. E non puiden dicirlle a Mourullo o moito que o admiro e a ledicia que me dá cando me ri as gracias no fedello. E apenas tiven valor para intercalar máis aló de catro frases con Snob. E non lle dixen a ifrit que me parece supermajo. Quero dicirvos que fuchedes todos moi agradables e que me sentía na gloria tumbada nos xardíns de Bonaval, coa cabeza apoiada en Fer, escoitando a un que se sumou á festa, pero que non sei quen é, tocando cancións coa súa guitarra. GRAZAS!
P.D.: Que pena que non foran maría e berto (tiña unha foto xenial para esinarche, berto!), e que riquiño o fillo de goretoxo!

29 July 2006

O fotógrafo de EFE cáeme mal

Este é un post ao estilo ascárida. Porque quero proclamar que o fotógrafo de EFE cáeme mal. Porque non me gustou nada que hoxe un tipo me golpeara co seu tele-obxectivo na cara e me berrase "aparta la cabeza". Porque fixo iso para facer unha foto inútil que non lle vai servir para nada. Porque se vas a cubrir unha homenaxe a Óscar Pereiro non che van querer unha foto súa en primeiro plano cando fala coa prensa. Porque cando se escollen as fotos para ilustrar esa clase de actos, poñense as de Pereiro co presidente da Deputación, as das entregas de agasallos ao ciclista e á súa familia, as dos centos de aficcionados que había alí, as de Pereiro facendo piruetas nunha bici... Pero NON che van poñer unha foto de Pereiro rodeado de micros e gravadoras.
E o tipo é tan parvo que, por riba, cando se soltaron os globos e estouparon os cañóns de confeti sobre os participantes na homenaxe (unha imaxe que queda moi chusquiña no xornal e na TV), el vai e ponse en medio, a 10 centímetros de Pereiro para sacarlle primeiros planos, escarallándolle a foto ao resto de fotógrafos, que quedaron pasmados. Polo tanto, reitérome: o fotógrafo de EFE cáeme mal.

(e hoxe volvín por un día ao xornalismo deportivo, e escribín outra vez nunha maqueta de deportes, que me gustan moito máis que as outras. e por riba esta tiña arriba un debuxiño que pon "Le Tour de France"...)

27 July 2006

mentras tomo un granizado de laranxa...

estou aquí no faro, sen facer nada e sen poder poñer links neste post por culpa destes ordenadores. rematei as miñas dúas informacións (eran pequenas) e dime Nico que espere. e penso no que pasará este domingo na xantanza, na que lle revelarei o meu apelido a maría, na que lle pedirei perdón de xeonllos a ghanito, na que interrogarei a mourullo...
(e mentras, bótote de menos...)

25 July 2006

25 de xullo

Ela, si, ela, maría (todonada.com), preguntou por min! Ai (suspiro)!!
Todos aló, en Compostela e eu aquí...
Pero este domingo será brutal (e que roupa vou levar?)

P.S.:Sinto non facer links, pero é o que teñen estes ordenatas do Faro... (vou matar a M., rouboume o único no que Internet ía ben!!!). Por certo, Feliz Día da Patria a todos!

20 July 2006

Anécdotas de xornalista

Conversa telefónica de hoxe pola mañá:
-Hola, buenas, le llamaba del Faro. ¿Es ahí la casa de P.N.?
-Si.
-Le llamaba porque queríamos hacerle una entrevista, por el homenaje que le van a hacer.
-¿Y cuando sería?
-Pues hoy o mañana
-¿Y van a sacarle alguna foto?
-Si, también iría el fotográfo.
-Ya, pero es que si no está peinada de peluquería no puede salir así en el periódico.

Entrevista de onte pola tarde:
"E se ti estás solteira, podíaste axuntar co meu neto, que ten un piso, deses novos que fixeron hai pouco diante de Pasarón"

15 July 2006

Boto de menos

-os gofres con nata e chocolate
-as botellas de te frío
-os consellos do Naturalquimia
-facer sudokus
-criticar os modelitos da biblioteca
-tomar "caprichos de chocolate"
-facer pasta
-contar o que fixen durante o día
-ler o xornal
-almorzar no S.E.U.
-ser pinche de cociña
-agasallar libros
-ver Noche Hache
-ir comer ao italiano
-e moitas cousas máis...

Manuel Antonio

Recórdame Fer que hai tres días se celebraban os 106 anos do nacemento de Manuel Antonio. A verdade é que non son tan friki como el, para acordarme das datas de nacemento dos meus escritores favoritos. Pero aí vai esta pequena homexa ao meu querido Manuel Antonio...




N-ese teu corazón innumerábel
tamén enchen e debalan
as mareas d'o meu corazón

10 July 2006

Zizou

Normalmente, dáme igual o fútbol. Pasaría dunha final do Mundial. Pero era a súa despedida. E eu quería velo levantanto a copa. Que pena! Quizais sexa certo iso de que ás veces aos xenios lles dan arroutadas...
(Xa sei, que estou a falar de fútbol, e que eu sempre fun do Barca... pero é Zizou...)

09 July 2006

Que ben se pasa na fin de semana!! Na,na, na, na!!

Gustoume esta fin de semana. Hoxe non fixen nada en toda a tarde, pero nada de nada, por primeira vez en moito tempo. Puxen a tumbona no patio, collín o bikini, embadurneime en crema, collín a miña botelliña con te "Noches de Verano" e tireime á bartola.
E onte outro día de relax, visitando "el ayuntamiento de La Curuña". Vendo unha exposición que debecía por visitar, vendo tendas... e pasando o día en boa compaña.
E o máis "gracioso" destes últimos días: MEUS PAIS SABEN QUE EXISTE!!!
E o máis "super-hiper-gracioso" disto: ESTÁN MOI CONTENTOS COA NOVA!!!

03 July 2006

Xornalist(iñ)a máis que nunca

Un convenio entre a Deputación e a Fundación Caixa Galicia, un novo pulso ás rebaixas, unha exposición cubista e unha serie de breves, actuación dun grupo venezolano incluído. Gústame volver a isto da producción informativa diaria, aínda que boto de menos a "liberdade" de deportes, de facer as páxinas á miña maneira, buscando eu temas e ideas, sacando cousas debaixo das pedras cando non había nada que contar sobre o deporte pontevedrés en pleno agosto. Pero espero ter esa liberdade cos días, xa que agora o xefe-2 (o xefe ogro está de vacacións) só nos manda cousas light. Polo de agora creo que me librei de comarcas...

p.d.: e decatroacatro fixo lavado de cara. os topiños xa me cansaban!

01 July 2006

21

Hoxe estou de aniversario. A verdade é que non me gusta moito celebralo moi ao grande, pero soprei as velas, pedín un desexo e comín un trozo dunha tarta de fresas con nata parecida a da foto. E o mellor, sen dúbida, son os agasallos: o último modelo da Silk·Epil, un bolso, un libro de sudokus, uns pendentes semi-folclóricos, dous tangas erótico-festivos... Pero non hai nada como as chamadas de felicitacións dos amigos...
E tamén para "celebralo", volvín ás prácticas de verán. Como non, tocoume a reportaxe do inicio das rebaixas... (e non, xa non estou en deportes...)