30 July 2006

Guapa

Acabo de mirarme no espello e véxome guapa. Esta clase de cousas, que pasan poucas veces, débese a que estou feliz. Porque cando estou contenta, véxome esplendorosa. E a miña ledicia de hoxe é porque os meus pais xa o coñecen e están encantados da vida, xa que lles parece xeitoso, guapo e intelixente. Como dixo miña nai: "Bueno, hoxe dimos un paso máis".

Pero e que hoxe, ademáis deste encontro trnscendental, antes houbo outro, quizáis máis importante, se cabe. Porque hoxe houbo xantanza da blogaliza! Alí estaba moita xente do blogomillo (dáme moitísma pereza poñerme agora cos links, a verdade) e nestres intres só me apetece pedirlles perdón, por estar tan sosa esta tarde. E é que eu podo ser do máis descarada no fedello, pero na vida real teño moitísima vergoña. E por iso non me atrevín a pedirlle perdón de xeonllos a Ghanito e confesarlle que é un dos homes máis guapos e atractivos que vin na miña vida. E non tiven valor para decirlle a Ascárida que o meu último post está inspirado nela. E non puiden dicirlle a Mourullo o moito que o admiro e a ledicia que me dá cando me ri as gracias no fedello. E apenas tiven valor para intercalar máis aló de catro frases con Snob. E non lle dixen a ifrit que me parece supermajo. Quero dicirvos que fuchedes todos moi agradables e que me sentía na gloria tumbada nos xardíns de Bonaval, coa cabeza apoiada en Fer, escoitando a un que se sumou á festa, pero que non sei quen é, tocando cancións coa súa guitarra. GRAZAS!
P.D.: Que pena que non foran maría e berto (tiña unha foto xenial para esinarche, berto!), e que riquiño o fillo de goretoxo!

5 Comentarios:

Anonymous Anonymous said...

Alédome moito que foras tan feliz onte. Ainda qeu non recomendo o consumo inmoderado de viño ou cervexa, porque perxudican a visión (ainda así moitas grazas).
Se beberas menos LK e quedaras até a fin verías que chegaron María e Berto...(xa haberá outra)

9:44 am  
Blogger Madeleine said...

eu tamén son decarada ciberneticamente: verás unhas cousiñas, e sen acritú!
Algunhas das cousiñas do primeiro parágrafo lembráronme de cando me enganchei unha vez a unha telenovela de TVE. Pois ela estaba namorada dun pobre "suburbiano", nunha casa que non facía esplendor á cidade de lima (o que nos telediarios se deu en chamar barriada). Oes, nin ti vives en Lima, nin o fémino en cuestión é un poboador marxinal. Non sei, o do paso máis... agora tamén me lembro, non dixo iso neil armstrong en 1969 (aparte de todos aqueles que están a piques de tirarse dunha balconada?)
;) cóidese guapa

7:40 pm  
Anonymous Anonymous said...

Pois siga a coidarse, guapa :-D que nos vemos noutra destas

12:08 pm  
Blogger Fer said...

Seica esses senhores conhecerom ao outro moço que tés, nom?

5:24 pm  
Blogger xorna said...

ai! que emoción os vosos comments!
ghanito, reitérome. é vostede moi guapo e non son a única que o di!
mou, que rubor que diga que me admira...
madeleine, sen acritú!
opaco, eu tamén espero velo pronto!
e fer... chisposo!

1:10 pm  

Post a Comment

<< Home