31 March 2006

Brava, Paula!


Xa estou de volta. E non teño palabras para describir o marabilloso que foi pasar estos poucos días as cinco xuntas de novo por Roma. Como dixen aos pouco minutos de estar coa nosa Pau, "como cundiu a viaxe!". Sobra dicir que Roma é preciosa, que me encantou a cidade. Pero o mellor foi ver a Paula, falar ata as tantas e que nos contase todo. Sentarnos no medio da Piazza de S. Pietro. Comer pizza, pasta, xelados e cornetti xuntas. Sorprenderme coa Fontana di Trevi e coa Capela Sistina. Que me regalasen un ramo de margaridas brancas... e subir chorando ao bus que nos levaba ao aeroporto porque non a vou ver en varios meses.

25 March 2006

Luar & Roma

Conéctome dende o ordenata doutro bloggeiro, e non sabemos porque pero non aparecen as ferramentas, polo que non podo facer links.
I. A verdade é que só escribo para contar que mañá marcho a Roma, a ver á nosa Paula. Estaremos desaparecidas durante catro días, as outras tres bloggeiras tamén, as miñas nenas da alma, coas que vou á cidade imperial a visitar á quinta en discordia. Pero o xoves xa estarei de novo dando guerra porque, a verdade, en Roma non vou ter moito tempo para adicarllo ó blog. Uff, aínda non creo que vaia estar aló...
II. A noite de onte é para recordar nos anais da historia. Que vinte proxectos de xornalistas acudan como público ao gran programa do Ghayoso non te prezo, así como cantarlle a Macarena a Los de Río e que estes te respondan chiscándonos o ollo. A verdade é que saín da casa pensando que era un pouco vergonzoso ter que acudir ao Plató 1000 só por 12 míseros euros (incluído o bocata da cea) para o paso de ecuador (houbo quen incluso me dixo que era peor que prostituirse...) pero a verdade é que me divertín. E moito. E fíxome moita ilusión cando a miña nai me dixo que saín na tele polo menos tres veces.

23 March 2006

Absorvendo os minutos...

ultimamente non paso moito por aquí, xa que estes días ando un pouco liada (non sexades mal pensados! e dígoo especialmente por ti, que te coñezo...). pero hai unhas poucas cousas interesantes que contar...
-xa temos destino para paso de ecuador. quero montar nun camello!!!!!
-faltan tres días para coller o avión e estar alí coa nosa pau. aaaaaaaaaaaah!
-mañá a gran ghaioso disfrutará da nosa presenza. e un pouco triste ter que aturar iso só por 12 euros e a cea, pero é o que ten a procura de cartos para pagar a viaxe do paso de ecuador...
-falei con cesare por teléfono. como pode ser tan majo este home con só dúas palabras?
-preciso axuda: non sei facer críticas de cine!

19 March 2006

Pau

Esta noite soñei contigo. Quizais se deba a que dentro dunha semana xa estaremos, contigo. Ou quizais foi porque onte vin na estación a alguén que me fixo acordarme de ti. Foi un soño moi raro. Eu ía nun bus urbano (creo que era o 15, de camiño cara a facultade como moitas mañás). E, de súpeto, subías ti. Ías vestida como naquela foto. Co teu chaquetón negro, que te fai tan guapa e elegante. Aínda que ti sempre estás guapa e elegante (recordas? je,je!). E demos unha aperta moi longa, facíasme cóxegas co teu pelo na cara. Logo sentamos e comezamos a falar. E ti contabas algo, toda cabreada, queixándote de algo, dicindo que tiñas que estudiar moito alá. Eras Pau en esencia pura. A nosa lura, a nosa moras, a nosa disertadora. Cando estemos alí dentro dunha semana vai ser o ACABOSE!!!!
Teño moitas ganas de verte, Pau. De contarcho en persoa. Porque estou moi feliz e quero compartilo contigo.

18 March 2006

Breakfast at Tiffany's

Zume de laranxa recén exprimido
Macedonia de frutas
Un colacao ben quentiño
Croissants á prancha con mermelada e manteiga

17 March 2006

SMS


ás veces todo empeza por un pequeno detalle. un libro, unha palabra, un comentario neste blog... e nun mes a túa vida pode cambiar por completo. unha vez máis, xornalistiña queda sen palabras para expresar o que sinte (que raro!). seguramente non atopa as palabras porque nunca vivira algo así. e é marabilloso, fantástico, incrible...
algo que non quere que remate nunca ("podería estar así toda a vida e non cansarme...")

12 March 2006

"...por la confesion brutal de tu relato..."

teño ganas de falar con el. contarlle todo. explicarlle porque me custa tanto aceptar certas cousas, porque lle teño medo a iso. explicarlle que estou empezando a olvidar (ou iso creo e espero), grazas a el.

11 March 2006

¿Hacemos una fiesta?


Un dos mellores inventos do mundo...

07 March 2006

Xornalismo Especializado

Lección 7: O relato especializado: estrutura e xéneros

"Correspóndelle, xa que logo, ao xornalista a toma de iniciativa..."

05 March 2006



Hoxe só me apetece dicir que...

...estou contenta