19 March 2006

Pau

Esta noite soñei contigo. Quizais se deba a que dentro dunha semana xa estaremos, contigo. Ou quizais foi porque onte vin na estación a alguén que me fixo acordarme de ti. Foi un soño moi raro. Eu ía nun bus urbano (creo que era o 15, de camiño cara a facultade como moitas mañás). E, de súpeto, subías ti. Ías vestida como naquela foto. Co teu chaquetón negro, que te fai tan guapa e elegante. Aínda que ti sempre estás guapa e elegante (recordas? je,je!). E demos unha aperta moi longa, facíasme cóxegas co teu pelo na cara. Logo sentamos e comezamos a falar. E ti contabas algo, toda cabreada, queixándote de algo, dicindo que tiñas que estudiar moito alá. Eras Pau en esencia pura. A nosa lura, a nosa moras, a nosa disertadora. Cando estemos alí dentro dunha semana vai ser o ACABOSE!!!!
Teño moitas ganas de verte, Pau. De contarcho en persoa. Porque estou moi feliz e quero compartilo contigo.

8 Comentarios:

Blogger xorna said...

mil grazas polo teu mail, paula. non sabes a ilusion que me fixo...

6:42 pm  
Blogger oko said...

dios!
eu teñoñ tamén tntísimas ganas de estar con ela!!!

7:40 pm  
Blogger xorna said...

amor, non se me dan pasado as horas para que chegue o domingo... morro por coller ese avión!

11:04 am  
Blogger eue said...

Mi ma, que sorte, amor, viaxes...
A pasalo ben, meus.

5:01 pm  
Blogger xorna said...

a verdade é que si, eue. estes días ando un pouco nunha nube.
"es todo tan hermoso!", letizia dixit.

6:18 pm  
Blogger Aultre Narai said...

tía que envexa! vaivos namorar Roma xD ben ti xa o estás!! eu ao final voume a Polonia en semana santa, a ver ao que me trae tola dende 1º de carreira e a ver se avanza o que comezamos no Nadal...

e por riba que entendo á vosa nena porque eu estaba igual de emocionada cando me viñeron a visitar as miñas amigas... deus, que recordos!! a pasalo moi ben que van ser dos mellores días das vosas vidas, sen dúbida algunha!

7:43 pm  
Blogger Cesare said...

Por moito que lle digan, non abra a fiestra do avión!!

10:16 pm  
Blogger xorna said...

ai, cesare, que majo e agradable estivo o outro día, como sempre. farei caso do seu consello, non o dubide!

4:17 pm  

Post a Comment

<< Home