
Cando xa estaba toda relaxada porque dende a
compañía me confirmaron que todo o referente ao meu voo estaba ben, chámannos dende Brasil (a nosa amiga, non a
empresa) para informarnos de que esa
"maravillosa" compañía de voos decidiu suspender as súas liñas con México, Madrid e París a partir de maio. E despois dunhas horas de nervos pensando que se ían quedar os brasileiros esos con case 500 euros do meu peto, consigo contactar e, moi amablemente, indicanme os pasos para anular o billete. Finalmente, voaremos con Air Europa, só por 60 euros máis. Espero que non haxa máis problemas e que en xuño poidamos ir... Rumbo a Río!
(O sábado houbo cea de Chuceiros na Coruña. Teño que dicir que para min son iguais as especias da comida que probei en Túñez, no restaurante tailandés que hai en Santiago e no sefardí da Coruña. A esperiencia blogogastronómica non estivo mal. Para min foi o típico restaurante ao que vas por probar unha comida nova pero ao que non volvería. Polo menos, até dentro dun ano, cando olvide o cheiro desas especies que me fixeron estar media semana sen comer en Túnez (agás patatillas de bolsa, que sabían "normal")