31 October 2007

Xornalistinha está no paro

Acabaronse estos seis meses na RG, nos que aprendín moito e nos que o pasei xenial. Si, o xefe deume as gracias e díxome que fixera moi bo traballo. E que estaba moi ben iso de quedar entre os 10 primeiros da proba de onte para un contrato en prácticas, cando se presentaron unhas 40 persoas. E que quedo nas famosas listas para cando haxa feugas ou sustitucións. Pero estou triste, moi triste... E deume pena despedirme de xente como Rosana, Nuria, Sonia...
Pero bueno, xa imprimín decenas de copias do meu curriculum, encargei unhas 40 fotos carné e comprei outros tantos sobres. De tódolos xeitos, se algúen precisa dun xornalista, escríbede a este mail: xornalistinha@gmail.com. Como podedes ver mais abaixo, fixen unha morea de prácticas e ademais manéxome decentemente cos ordenadores, falo castelán e galego, estudio 4º de Inglés na EOI e aínda me lembro do francés do instituto. E, por suposto, entendo o portugués perfectamente. Ademais, teño permiso de conducir B-1, vehículo propio e disponibilidade para viaxar. E estou a "completar a miña formación", xa que me matriculei en Ciencias Políticas. Ale, a contratarme!

Xullo-Setembro 2005 – Prácticas na delegación de Pontevedra do Faro de Vigo, sección Deportes

Xullo-Setembro 2006 - Prácticas na delegación de Pontevedra do Faro de Vigo (información municipal, cultural, social…)

Novembro 2006 – Abril 2007 - Prácticas na Axencia Galega de Noticias en Santiago (información cultural, medioambiental, política, sindical…)

Maio 2007- Colaboración con Radio Arzúa na cobertura da xornada electoral do 27-M. Retransmisións en directo dende unha mesa electoral

Maio - Outubro 2007- Prácticas na Radio Galega, sección Informativos