Avoa republicana
Hoxe ó mediodía, cando rematabamos de comer, estaban a botar en Antena 3 unha nova sobre os rapaces que queimaron unhas fotos do rei en Girona. Entón, a miña avoa comezou a botar este discurso: "Debían quemar as fotos e tamén ó rei, que son uns papadores! Nós a mantelos! Nós a traballar como escravos e eles de paseo! Si que había que queimalos a todos!"
Tanto a miña irmá coma min quedamos apampadas... Xamais pensei escoitar iso da miña avoa, a típica señora que vai todos os domingos a misa e que cando ve a Felipe González na tele comeza a berrar "Felipe, ladrón!".
Sorpresas te de la vida...