Xornalistinha está no paro
Pero bueno, xa imprimín decenas de copias do meu curriculum, encargei unhas 40 fotos carné e comprei outros tantos sobres. De tódolos xeitos, se algúen precisa dun xornalista, escríbede a este mail: xornalistinha@gmail.com. Como podedes ver mais abaixo, fixen unha morea de prácticas e ademais manéxome decentemente cos ordenadores, falo castelán e galego, estudio 4º de Inglés na EOI e aínda me lembro do francés do instituto. E, por suposto, entendo o portugués perfectamente. Ademais, teño permiso de conducir B-1, vehículo propio e disponibilidade para viaxar. E estou a "completar a miña formación", xa que me matriculei en Ciencias Políticas. Ale, a contratarme!
Xullo-Setembro 2005 – Prácticas na delegación de Pontevedra do Faro de Vigo, sección Deportes
Xullo-Setembro 2006 - Prácticas na delegación de Pontevedra do Faro de Vigo (información municipal, cultural, social…)
Novembro 2006 – Abril 2007 - Prácticas na Axencia Galega de Noticias en Santiago (información cultural, medioambiental, política, sindical…)
Maio 2007- Colaboración con Radio Arzúa na cobertura da xornada electoral do 27-M. Retransmisións en directo dende unha mesa electoral
Maio - Outubro 2007- Prácticas na Radio Galega, sección Informativos