12 December 2006

E este xoves...

...ceo gratis no Araguaney!
( a foto non é unha imaxe sacada ao chou de Internet, é o restaurante real do hotel)

11 December 2006

Diagnóstico: Alteración do factor de leiden V

Ó principio pensabamos que era por causa de 40 anos fumando, pero vimos que non era iso... E por iso aló fumos os tres, a facer análises, e de tres, a alteración do factor de leiden V acertou en dous, en "las niñas". Ao principio non lle din importancia, pensei que iso de ter que levar pinchazos na barriga estaba moi lonxe... Pero a frase "no estrógenos orales" cambiouno todo. Ao principio cabreeime porque, coincidencias da vida, dous meses antes comezara a tomalos. Pero agora penso que pasaría de non ter feito esos análises (cousa que todos deberíamos facer, pero que non se fan polo caros que son...), porque nos últimos meses a miña "amiga" estivo máis tocapelotas que nunca, e nestres intres, unha vez máis despois dunha semana de regla, vaiseme a cabeza, dóeme a barriga e teño ganas de vomitar... E por iso hoxe non me apetece contar a miña viaxe a Porto, a ver se mañá vos falo do Museo de Serralves, do Palacio da Bolsa, da Ribeira ou da Igrexa de San Francisco.... Ben, marcho tomar a penúltima Loette da miña vida.