25 August 2006

Ring, ring!



Sempre quixen ter un teléfono así, e miña nai dixo onte que porque non mercábamos un. Que ilusión! Voume adicar a buscar o máis bonito entre tódalas tendas! A pena é que os que se atopan por aí son modelos feitos agora, a ver se dou cun antigo de verdade e que funcione.

23 August 2006

frikismo

ultimamente non me apetece moito escribir por aquí, pero rógame fer que faga un post. e é que o outro día merquei uns cómics e di que me estou a volver friki. eu díxenlle que non e retoume a que fixera un post para que o blogomillo opinara se os cómics que merquei son frikis ou non. Esta é a lista:
-"Valentine" de Anne Guillard
-"Quiero un príncipe azul" de Hélène Bruller
-"Como convertirse en un hijo de puta" de Mauro Entrialgo, Ata e Santi Orue
E, ben, é isto frikismo?
E hoxe tocoume cubrir a festa do demo. Gustaríame ter quince anos menos, para ir tirarlle do rabo ao demo. Por certo, este ano foi un neno chamado Ricardo quen llo arrancou...

16 August 2006

Regreso

Xa estou de volta. E nas Cíes foi como esperaba: relax, praia, colleume o sol, mareeime no barco, visitamos a illa, dóenme as costas de durmir na tenda (aínda estou cansa), logramos que a canadiesense non saíra voando, comín xoubas con pementos de padrón en "Casa Serafín", Fer queimou as costas... En fin, que desconectei e veume moi ben.
P.D.: E agora marcho ver Piratas del Caribe. A ver que tal...
P.D.: Hoxe escribín no Faro algo realmente interesante, sobre Bóveda e poesía. Mañá cóntovos...

13 August 2006

Mini-vacacións

Marcho tres días ás Illas Cíes, polo que estarei completamente descontectada. Espérovos á volta!

12 August 2006

data historica

por increíble que pareza, hoxe o xefe traballou. mañá, entrevista con Rajoy no Faro. a ver que sae de aí (non sabe nin usar a gravadora...)

07 August 2006

Medo

Nunca me pasara algo así. Sentir ganas de meterme debaixo das sabas da miña cama e chorar, presión no peito, ganas de vomitar, sentir de súpeto que se pode ir todo ao carallo e que non vou ter forzas para nada, dicirlle que me deixara soa e chamalo ao móbil aos tres minutos para que volvese correndo, coller un taxi e non ser quen de falar, chorar cando o médico me pregunta que me pasa, que me den una pastilla, ter que chamar para que me veñan buscar e non ir soa no tren, por se me volvía pasar... Nunca me pasara algo así. E dáme medo. Aínda teño medo. Pero o peor de todo foi que o paguei con el. Perdoa.