07 August 2006

Medo

Nunca me pasara algo así. Sentir ganas de meterme debaixo das sabas da miña cama e chorar, presión no peito, ganas de vomitar, sentir de súpeto que se pode ir todo ao carallo e que non vou ter forzas para nada, dicirlle que me deixara soa e chamalo ao móbil aos tres minutos para que volvese correndo, coller un taxi e non ser quen de falar, chorar cando o médico me pregunta que me pasa, que me den una pastilla, ter que chamar para que me veñan buscar e non ir soa no tren, por se me volvía pasar... Nunca me pasara algo así. E dáme medo. Aínda teño medo. Pero o peor de todo foi que o paguei con el. Perdoa.

11 Comentarios:

Blogger Fer said...

Ho!
Já passou mulher. Nom te preocupes, pode-lhe passar a qualquera, e sem razom.

O importante é que todo foi bem, que estás coa gente que te quere e acouga-ches um chisco. Verdade?

Um beijinho.

(Nota para todo o blogomilho: Esta mulher é um solete)

3:41 pm  
Blogger xorna said...

gracias, gracias, gracias, gracias, gracias, gracias, gracias, gracias, gracias!!!

3:49 pm  
Blogger besbe said...

É bo ter unha experiencia desas para saber que facer nas seguintes. Unha aperta rula.

8:24 pm  
Blogger oko said...

se chego a saber iso pola mañá, non colgaba tan ás presas. e eu pensando que estabas con catarro ou algo así...
perdóame...

9:04 pm  
Anonymous Anonymous said...

xorna, agora, co que tes que quedar é con que non é nada. O día que che volva pasar tes que concienciarte de que esa presión pasará. Non te asustes. Bicos

10:32 am  
Blogger paideleo said...

Animo que todos temos días malos.

11:21 am  
Blogger xorna said...

graciñas de novo a todos! ;)

5:10 pm  
Blogger Caufield said...

Pequena, moito ánimo!!!!
(xa verás que non foi nada e que xa pasou)
ando por Cangas que tivemos que escapar (literalmente) que alí era imposible respirar
puto lume e nai que os fixo (que non ten culpa pero bueno)
moitos bkñs

11:43 am  
Blogger Tukinha said...

Hola miña nena; é increible que me teña k enterar por aki, pero bueno, se che perdoa, coidateme porfavor, se necesitas algo vivimos cerquiña ok???Non teñas medo, todo pasa, tamen esas cousas, tomao con calma. Kerote moito miña nena.Bikiños Marta.

5:49 pm  
Blogger xorna said...

é que se facía duro chamar para contar isto, a verdade (a parte de que estiven moi líada e se me acababa a batería...)
bikos

8:04 pm  
Anonymous Anonymous said...

Estiven off-line e non lin isto até hoxe. Agardo que non se repita.
Unha aperta.

3:04 am  

Post a Comment

<< Home