25 June 2007

Mestura*

  • Xa lle dixen á ghefa que cambiaba os días, e así poderei desfrutar da cea xornalismo-audiovisual sen pensar en que ao día seguinte teño que traballar!
  • Dame rabia non saber ata primeiros de xullo que horario vou ter en verán na RG, para así poder comezar a organizarme. E así tampouco podo apuntarme nun curso de verán. E eu que tiña ganas de aprender grego moderno...
  • Este ano, saltar a fogueira foi saltar sobre catro servilletas do Porrón alá onde Cristo perdeu as zapatillas
  • Por primeira vez, engancheime a unha serie friki. Por culpa de Fer, agora estou intrigada co que pasa cos habitantes de Jericho e quero ver xa os seguintes capítulos!
  • E non teño ganas ningunhas de estudiar e facer mañá un exame...

*Lembro que no instituto chamábamoslle así a esas bolsiñas que tratían pipas, maizitos, cacahuetes, etc. Vós tamén lle chamábades así?

21 June 2007


Teño isto tan abandonado, que nin me decatei que o meu blog cumpriu os dous aniños hai tres días. Moitas gracias a todos polos vosos comentarios e visitas!
(Síntoo pero non podo prometer que vaia volver a actualizar a miúdo...)

19 June 2007

Como incluso me "ameazan" por teléfono para que actualice, alá vou.

¿Quen me ía dicir a min, cando comecei a estudar Xornalismo hai catro anos que tería que facer unha noticia sobre a morte do Fary?

(E por riba o xefe díxome que nada de caralladas e non imos dicir que triunfo nos 80 con "El toro guapo". Mecachis!)