Decátome de que ultimamente actualizo moi pouco porque uns poucos posts atrás aínda estábamos nas vacacións de Nadal. Pero a verdade, o meu encerro na -3 dos últimos días case non me deixa tempo para fedellar por "interné" (como diría o
gran Celeiro).
Pero hoxe decidín botar a tarde sen facer nada, descansando do
exame basado nun libro de 200 páxinas pero para a que con 20 sobraría para desbardallar sobre as rutinas das rutinas (hai que ter collóns...). E mentras 'investiguei' por 'bloespó' (como diría Celeiro...) e demáis blogomillo para averiguar a identidade do novo blogeiro que descubrín en
'agaene'... Só sei que é amigo de
zerovacas, será
el?
E estou moi contenta pola miña
primeira nota como medio-estudante de políticas... espero que as seguintes sexan todas así!