18 June 2006

Primeiro aniversario

Xa chegou este día tan especial. decatroacatro cumpre hoxe un ano. quen mo ía dicir a min, 365 atrás, con aquel primeiro post.
Dende entón, pasoume de todo. Fun de falsa madriña o día que votei para botar a Fraga, cumprín 20 anos e comecei a miña andaina laboral, luxaron o nome do "muso" deste blog diante das miñas narices, coñecín á miña musa, marchei, mentín e regresei. Volvín sentir a maxia da radio, sentínme máis republicana que nunca, volvín disfrutar del, enfadeime co meu heroe, entrevistei a un dos meu bloggeiros favoritos, collín o tren, recordei para ela a miña experiencia veraniega, coñecino e cambioume a vida. Viaxei ata Roma con oko, caufield e madeleine para visitala, fixen unha das entrevistas máis interesantes da miña vida, vin o filme da miña vida, operaron ao xefe, volvino ver, recibín unha chamada e tiven o meu primeiro trol. Incluso volvín recibir a visita do trol. Que podo dicir? Que moitas grazas a todos, e espero celebrar o segundo aniversario con todos vós!!

9 Comentarios:

Anonymous Anonymous said...

ohhh, é unha honra aparecer neste post!! felicidades, parabéns, noraboa!! de hoxe nun ano :D

3:02 pm  
Blogger besbe said...

ale, a comer un cachiño da tarta logo, que é o mellor dos aniversarios :)

4:01 pm  
Blogger oko said...

parabéns!!!!
por moito tempo, xornalistiña, por moito tempo!!!!

4:01 pm  
Blogger Alberte said...

ola, acabo de descubrir o teu blog e teño que confesar que me gustou moito. A verdade é que os blogs galegos, tanto en galego como en castelán, teñen unha excelente calidade que tentarei acadar eu algún día. Parabéns polo teu 1º aniversario.

10:10 pm  
Blogger xorna said...

moitas grazas a todos! ai, que me emociono... xa quero celebrar o segundo!

e... benvido, alberte!

10:05 am  
Blogger Madeleine said...

PARABÉNS!!!!!!!! HOXE ANDAMOS DE FESTA...

12:10 pm  
Blogger Caufield said...

xbravoo
felicidades e a seguir así de ben!

2:18 am  
Anonymous Anonymous said...

esto de facer anos é un bo costume.
¡Non o perdas!
Parabéns.

4:17 am  
Blogger xorna said...

moitísimas grazas de novo! ;)

11:48 pm  

Post a comment

<< Home