24 March 2008

O meme dos agasallos

Fer invitoume a facer un meme cos peores agasallos que recibín na miña vida, así que aí vai:

1. Nas primeiras comunións temos un gran filón: Sempre odiarei eses horribles marcos de prata para as fotos, así como esas horripilantes pulseiriñas de ouro con pedriñas ou cunha plaquiña coa data.

2. E o segundo gran filón son os agasallos que nos facía a miña avoa cando vai por aí de excursión, e digo "facía" porque ante o pouco éxito dos seus regalos decidiu que a partir de agora só nos da diñeiro ou nos trae algo da comida típica do lugar. Entre eses agasallos horribles dos viaxes da miña avoa atópase unha camiseta horrorosa con lentejuelas en color malva e que por riba dixo que lles costará 50 euros nunha 'boutique'.

Noutra ocasión tamén nos trouxo a miña irmá máis a min uns pendentes que consistían nunhas especies de boliñas de cristal pero con 100 caras diferentes o que provocaba grandes destellos de cores que se vían a quilómetros. A miña irmá puxoos un día por facer a pelota, pero eu negueime.

Pero sen dúbida, o "mellor" agasallo pruduciuse cando a miña avoa foi de excursión a Cantabria, e fixeron unha visita a San Vicente de la Barquera, vila natal de David Bustamante. E como non podía ser doutro xeito, a miña avoa comprounos a miñá irmá e a min candasúa camiseta e pañoleta coa cara de Bustamente e co lema "Mi música es tu voz". A miña irmá aínda tivo valor para poñer a camisola para durmir, pero eu non puiden. O mellor de todo é que ante a nosa cara de incredulidade a nosa avoa díxonos: "Eu compreinas porque todo o mundo as levava para as netas".

E bueno, non lle vou pasar o meme a ninguén porque creo que xa está todo dios invitado.

2 Comentarios:

Anonymous Anonymous said...

Xorna escreveu "levava", Xorna escreveu "levava"... REINTEGRATA, REINTEGRATA :D!

9:16 am  
Blogger xorna said...

ha, ha! é o que ten escribir a correr...

10:04 am  

Post a Comment

<< Home