29 April 2006

Pinnochio

Despois de seis meses e vinteún días, volvino ver. Cando ía de camiño, o meu corazón latía a cen por hora. Botamos unha media hora de "bo rollo", cotilleando. Ti mesmo o dixeches: "por el interés, te quiero Andrés".
Despois de marchar, decateime de que non me fixara en que roupa levabas, nin en se che crecera ou cortaras o pelo. Cinco horas despois nin sequera recordo se tiñas barba de catro ou de vinte días. Creo que levabas unhas gafas de sol novas, pero non estou segura.
Seis meses e vinteún días atrás teríame fixado ata no teu xeito tan perfecto de pronuncialo "erre". Pero hoxe dáme igual.

6 Comentarios:

Blogger acedre said...

E quen e Pinocho: el ou ti.
E broma.
Queria darche as gracias pola visita ao meu blogo.
Un saudo.

6:24 pm  
Blogger xorna said...

non hai de que, acedre!
a verdade é que o visito case a diario, teño que actualizar a lista dos blogs e linkearte.
sen dúbida o pinocho é el (falso, más que falso!!)

7:17 pm  
Blogger Fer said...

Pobrinho, ele nom tem culpa de nada :P
Ponho-me do seu lado ;)

8:52 pm  
Blogger oko said...

pois sabes que?
que o demo me leve se non me alegro!!! (xD)
jajajajajaajaj
ata mñá, nena!!! A desfrutar da túa valentía1

10:34 pm  
Blogger xorna said...

fer, vaia chispa que tes! non pensaches en concunsar en "el club de la comedia?" ;)
oko, eu tamén me alegro de sentir o que senta aínda que sexa algo malo. é un pouco raro de explicar...

11:04 pm  
Blogger Aultre Narai said...

xa o di o refrán, cóllese antes a un mentiroso que a un borracho

1:57 am  

Post a comment

<< Home