01 February 2006

Princesas

Lin hai tempo nunha entrevista a Candela Peña que estivera toda a vida esperando para traballar con Fernando León de Aranoa. Que tódolos traballos que fixera antes, facíaos pensando nel, para que un día a escollese para traballar nun dos seus filmes. Ás veces penso, que igual esa é a cuestión, a razón de todo... Ás veces hai que esperar para lograr o que un anceia...

8 Comentarios:

Blogger xorna said...

por certo, olvidávaseme. merecidísimo o Goya!! C. Peña é xenial! "Namoreime" dela en "Te doy mis ojos"...

1:59 pm  
Blogger Aultre Narai said...

pois si, leva vostede toda a razón do mundo. unha vez lin:

"a felicidade non é facer sempre o que un quere; a felicidade é QUERER todo o que un fai".

alégrome de que ela tivese a súa recompensa. xDDD

5:23 pm  
Blogger oko said...

paréceme un pouco de mal gusto iso que ela dixo. ou, máis ben, unha falta de respecto para cos outros directores cos que traballou. non cres?

10:41 pm  
Blogger xorna said...

non ten porque ser así, oko. por exemplo, eu estiven toda a vida esperando por atopar relatos como a metamorfose de kafka ou tic-tac de suso de toro,o que non desmerece todo o que lera antes de gabo, rivas ou quim monzó, por citar só a algúns. e de seguro que de aqui a que morra apareceran outras obra que desbanquen a kafka ou gabo, aínda que agora me pareza dificil...

6:47 pm  
Blogger Aultre Narai said...

non creo que os desprecie, o que pasa é que a meta dela era traballar con Aranoa e os outros eran as escaleiras que tiña que subir ata alcanzar o seu soño. simplemente iso, digo eu.

11:45 pm  
Blogger xorna said...

completamente de acordo, aultre

11:09 am  
Blogger bukowskinho said...

Efeitivamente... é a mellor sen dúbida. Penélope Cruz non sei que fará pero a saber... porque como actriz deixa moito que desexar a verdade...

Alégrome que lle deran o goya a ela e non a outra... elsa pataky pufff
moi guapa e cachonda e todo o que ti queiras pero como actriz unha caquita...
jajajajajajjajaja

3:41 pm  
Blogger xorna said...

a pataki non me gusta nada. e dende que souben que o meu amor platónico babexaba por ela aínda menos...

3:54 pm  

Post a comment

<< Home