27 February 2006

aviso para navegantes

non sei que lle pasa a este maldito ordenador que teño en tuecro, que non me permite abrir as páxinas de blogspot. podo entrar en calquera páxina do mundo menos nas que máis me interesan neste momento! así que o único que podo facer é acudir ao blogalego e ver alí as páxinas que están na lista, polo que moitas quedan descartadas... pero o peor de todo é que non podo ler os comentarios! ;( os únicos que puiden ver son os que me deixan aquí xa que me chegan ao meu correo. así que aproveito para dicirlle a mr. tichborne que si, que o perfir esta tirado de tic-tac, unha novela que me encantou (o personaxe de nano é simplemente fascinante).
pero maña chegarei a humidtown, irei correndo ao ciber e saciarei a miña sede bloggeiril que está chegando a extremos enfermizos!!

1 Comentarios:

Blogger xorna said...

xa estou en humidtown! e saciei a miña sede blogueiril!

9:14 pm  

Post a comment

<< Home