16 October 2005

definitivo

como é habitual en min, levo días e días a raiarme cun tema que me amarga a existencia. onte decidín que ía pór fin a esa tortura desterrando o tema da miña cabeza. sei que non é facil e que non o vou lograr, pero teño claro que é definitivo. que non vou estar toda a vida "que si, que non" ante algo así... o que teña que pasar, pasará. pero eu non vou facer nada porque pase. se ha de pasar, pasará. hai veces nas que creo que existe iso do destino, así que se está escrito no meu sino que vai suceder, pois non me queda máis que esperar. tamén hai quen din que non te poder sentar e esperar a que che sucedan as cousas. pero, machiño, eu non podo máis, vou tolear.

1 Comentarios:

Blogger oko said...

pois creo que vai facer vostede o máis axeitado. raiarse non era o mellor xeito de facerlle fronte ao asunto!!!
sabe que conta co noso apoio e co noso cariño, por suposto!!!

4:47 pm  

Post a comment

<< Home