05 September 2005

cansina

hoxe vin a un dos tipos máis repugnantes da miña vida, aquí tiña que traballar... aparte diso, xa sei que son un pouco cansina e reiterativa, pero e que dame moita pena marcharme, aínda que por outro lado teño unhas ganas tolas de desembarcar en heathrow(escríbese así?). non sei, vou botar de menos pasar as tardes sentada diante do home máis guapo do mundo, vou botar de menos os botellóns en platerías, vou botar de menos ir comer con marta, mario e mar, vou botar de menos as noites nas que irremediablemente vamos ao avante e rematamos indo a apolo, vou botar de menos os culebróns-fichaxes de esperón, vou botar de menos ir ao remate dos adestramentos (ejem, rapazas, adicádevos ao xornalismo deportivo, isto é unha marabilla!) vou botar de menos os cafés de suso... hai tantas cousas que vou votar de menos... estoume volvendo como suárez canal, unha cansina!

3 Comentarios:

Blogger oko said...

xa vin a manolo-timburton. cortou o pelo. está guapísimo!!!!!!!!

10:43 am  
Blogger Caufield said...

Mentira!!!xDDD Este domingo sube a Compostela xa q podas botar de menos con razón de ser!!!XonDOOOO

11:00 am  
Blogger oko said...

manolo co fillo!!!!!!!!!!
grandeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeee

4:35 pm  

Post a comment

<< Home