23 September 2007

Avoa republicana

Hoxe ó mediodía, cando rematabamos de comer, estaban a botar en Antena 3 unha nova sobre os rapaces que queimaron unhas fotos do rei en Girona. Entón, a miña avoa comezou a botar este discurso: "Debían quemar as fotos e tamén ó rei, que son uns papadores! Nós a mantelos! Nós a traballar como escravos e eles de paseo! Si que había que queimalos a todos!"

Tanto a miña irmá coma min quedamos apampadas... Xamais pensei escoitar iso da miña avoa, a típica señora que vai todos os domingos a misa e que cando ve a Felipe González na tele comeza a berrar "Felipe, ladrón!".

Sorpresas te de la vida...

3 Comentarios:

Blogger oko said...

xa sempre souben que a túa abuela me caía ben...

(biquiños dende bilbao!)

7:52 pm  
Blogger A Conxurada said...

Así debían ser todas as avoas, ben, eu non me queixo, que tamén tiven unha avoara medio roxa.

saúdos

7:20 pm  
Anonymous Anonymous said...

vas moito tempo sen poñer nada, se tes gaña aquí tes un meme para facer unha lista de oito cousas.

6:57 pm  

Post a comment

<< Home