25 June 2007

Mestura*

  • Xa lle dixen á ghefa que cambiaba os días, e así poderei desfrutar da cea xornalismo-audiovisual sen pensar en que ao día seguinte teño que traballar!
  • Dame rabia non saber ata primeiros de xullo que horario vou ter en verán na RG, para así poder comezar a organizarme. E así tampouco podo apuntarme nun curso de verán. E eu que tiña ganas de aprender grego moderno...
  • Este ano, saltar a fogueira foi saltar sobre catro servilletas do Porrón alá onde Cristo perdeu as zapatillas
  • Por primeira vez, engancheime a unha serie friki. Por culpa de Fer, agora estou intrigada co que pasa cos habitantes de Jericho e quero ver xa os seguintes capítulos!
  • E non teño ganas ningunhas de estudiar e facer mañá un exame...

*Lembro que no instituto chamábamoslle así a esas bolsiñas que tratían pipas, maizitos, cacahuetes, etc. Vós tamén lle chamábades así?

3 Comentarios:

Blogger oko said...

non, revuelto
e viva a cea, viva!!!

3:34 pm  
Anonymous Anonymous said...

'Jericho' de friki ten máis ben pouco...

1:48 pm  
Blogger Fer said...

Algo é Modesto, algo é... agora já pide polos novos capítulos :D

10:22 pm  

Post a comment

<< Home