06 February 2007

Proliferación de blogueiros "agaeneiros"

Decátome de que ultimamente actualizo moi pouco porque uns poucos posts atrás aínda estábamos nas vacacións de Nadal. Pero a verdade, o meu encerro na -3 dos últimos días case non me deixa tempo para fedellar por "interné" (como diría o gran Celeiro).
Pero hoxe decidín botar a tarde sen facer nada, descansando do exame basado nun libro de 200 páxinas pero para a que con 20 sobraría para desbardallar sobre as rutinas das rutinas (hai que ter collóns...). E mentras 'investiguei' por 'bloespó' (como diría Celeiro...) e demáis blogomillo para averiguar a identidade do novo blogeiro que descubrín en 'agaene'... Só sei que é amigo de zerovacas, será el?

E estou moi contenta pola miña primeira nota como medio-estudante de políticas... espero que as seguintes sexan todas así!

12 Comentarios:

Blogger chicharofobica said...

agaene,agaene! estivo ben o noso primeiro encontro xornalístico, aínda que cunda máis a espuma que a laca!jejej
Pois si que te equivocaches, sí! voute ter que facer un croquis das amizades do sr.neiramemandadarunapracticadenuevoperiodismo e zerovacas!
dalle saúdos o outro agaeneiro!

1:54 pm  
Blogger carracuca said...

haha, grandeee, investigando polos blós!
:) pois xa te dixen esta mañá no bus q non vas encamiñada... ese non era, pero o outro non o sei... :))

2:50 pm  
Blogger xorna said...

ai, ai, ai! creo que xa din na diana!! téñoo fichado!

2:57 pm  
Blogger Elianinha said...

frío, frío...

7:01 pm  
Blogger xorna said...

xa,xa, xa descubrín que non é o duende, pero se falamos dun galpón non ando equivocada, non?

8:59 pm  
Blogger Zerovacas said...

aquí hai blogotomate

9:23 am  
Blogger Elianinha said...

Pois lamentándoo moito, sigues no frío.

11:15 am  
Blogger xorna said...

JR non é un dos do galpón? ai, ai, ai!!!

12:17 pm  
Blogger elduende said...

Mm... das en frío, sí.

¿Pero isto que é? ¿Unha aposta? ¿Unha cacería? O meu lado cotilla anda intrigado.

12:39 pm  
Blogger Elianinha said...

O malo malísimo de Dallas anda por outras "casas". Ala que pista...!!!
Non sei se é un concurso, Duende, pero eu xa metín baza, que con estas cousas me emociono.
Pero mira, xa sabes que non son nin zerovacas nin duende. Vaise pechando o círculo, muahahaha...

9:23 pm  
Blogger Elianinha said...

Acertaches, finalmente, deches coa casa.

9:00 pm  
Blogger besbe said...

A ver que eu veño lercheando tamén, queremos saber que todo esto pinta interesante!

3:33 pm  

Post a comment

<< Home