26 January 2007

A Tulla

Por un día, isto convértese nun blog culinario. E é que vos quero falar dun restaurante que se podería dicir que xa se convertiu nun dos meus favoritos. Trátase de A Tulla, situado na zona vella de Compostela.
Sen dúbida, o mellor que teñen son as setas, tanto rebozadas como cunha salsiña e arroz. Ademais, fan un magnífico puding de verduras, empanada de zamburiñas, mexilóns empanados, chourizos ao viño e moitas cousas máis, como un surtido de postres do mellor.
É que o bo deste restaurante é que só abren os días que hai mercado, polo que tódolos días van colle ors produtos fresquiños! E, por riba, os tíos son do máis encantadores! E por iso, e porque hoxe nos invitaron aos cafés, adícolles este post.

1 Comentarios:

Blogger Caufield said...

Que Grandes!
fun o domingo e tamén nos invitaron ao café!
de pota!
que rico todo e que majos son!
sen dúbida unhas das mellores croquetas de espinacas da Tulla foron unhas compartidas con vostede!!(ou fora puding..?)
weno, o mellor, a compañía!un bico!
:)

1:24 pm  

Post a comment

<< Home