11 December 2006

Diagnóstico: Alteración do factor de leiden V

Ó principio pensabamos que era por causa de 40 anos fumando, pero vimos que non era iso... E por iso aló fumos os tres, a facer análises, e de tres, a alteración do factor de leiden V acertou en dous, en "las niñas". Ao principio non lle din importancia, pensei que iso de ter que levar pinchazos na barriga estaba moi lonxe... Pero a frase "no estrógenos orales" cambiouno todo. Ao principio cabreeime porque, coincidencias da vida, dous meses antes comezara a tomalos. Pero agora penso que pasaría de non ter feito esos análises (cousa que todos deberíamos facer, pero que non se fan polo caros que son...), porque nos últimos meses a miña "amiga" estivo máis tocapelotas que nunca, e nestres intres, unha vez máis despois dunha semana de regla, vaiseme a cabeza, dóeme a barriga e teño ganas de vomitar... E por iso hoxe non me apetece contar a miña viaxe a Porto, a ver se mañá vos falo do Museo de Serralves, do Palacio da Bolsa, da Ribeira ou da Igrexa de San Francisco.... Ben, marcho tomar a penúltima Loette da miña vida.

4 Comentarios:

Blogger Fer said...

This comment has been removed by a blog administrator.

12:04 am  
Anonymous Anonymous said...

Noraboa... supoño ¿?

1:25 am  
Anonymous Anonymous said...

Este tipo de cousas hai que levalas con bo humor.
Eu tamén teño unha doenza crónica que precisa de tratamento permanente, non hai outra que tomalo con paciencia.
Unha aperta.

7:12 am  
Blogger Madeleine said...

Vaia, e eu que pensaba que íamos procrear... Nena, síntollo. E como din por acá, paciencia e moito licorciño café (curar non, pero matala non a matará tampouco)

6:08 pm  

Post a Comment

<< Home