09 April 2006

Tópicos que se cumpren

Eu, que sempre me indigno cando me din que ás mulleres nos afectaba moito a menstruación, volvéndonos insoportables ás veces, teño que dicir que este mes cumprín o tópico. Este mes doeume todo: os peitos, a espalda, a barriga... E o que é peor, afectoume ao humor. Así que, de súpeto, empezaba a chorar a lágrima viva sen ningún motivo, pensando que todo o mundo era unha merda, só con ganas de meterme na cama e espertar cando todo pasara. Ademais, a iso sumouseme unha pequena dolencia (nada grave, non vos asustedes) que por momentos me fixo ver as estrelas... E por riba puxéronme unha inxección. E cal foi a miña sorpresa cando o enfermeiro me di: "no, es en la nalga...". Pobriño, todo o que tiveches que aturar este venres ao meu lado. Grazas, e espero que isto non se volva repetir...

8 Comentarios:

Blogger oko said...

A natureza foi moi inxusta para as mulleres, así que que remedio lles queda máis que aturarnos nestes casos. Era o que faltaba que o tivesemos que soportar nós soas!!!

(que se mellore, señorita Xornalistiña, mándolle mil mimiños marinenses, que son do mellorciño)

4:53 pm  
Blogger Fer said...

Nom te preocupes, nom estavas mais insoportavel que de cotio :P...

E já cho digem: Quero-te toda. De boas e de malas...

5:52 pm  
Blogger Sabela said...

A mim também me passa, uns meses dá-me por querer rachar tudo e outros por amar a vida (xD). Já vês, mas também é divertido :)

Ánimo e paciência!

6:14 pm  
Blogger xorna said...

sabela, non sei que lle ve de divertido. grazas a vostede e a oko polos seus azos.
fer, cortate un pouco que este blog xa está cursi de máis...

8:01 pm  
Blogger Madeleine said...

As cousas da regla sonlle como a burocracia, sempre pensas que non vale para nada. Claro, hai un día que ves para que sirve e... desexas que che volte. Síntollo, demasiada reviravolta para tentar consolala. Sabe que ao respecto non podo máis que compadecerme da súa sorte ;)

12:52 pm  
Blogger xorna said...

a verdade é que teño sorte, madeleine, xa que sempre me adoita baixar no día que lle toca. ademais,como me dixo a miña compañeira de piso, "alégrate, muller, que che veña a regra é motivo de alegría. o malo é cando non ven..."

3:09 pm  
Anonymous Anonymous said...

ti dico solo una cosa w la figa!!!
yaeh

9:55 pm  
Blogger xorna said...

quen hostias é este "usario anónimo"?

10:15 pm  

Post a comment

<< Home