25 March 2006

Luar & Roma

Conéctome dende o ordenata doutro bloggeiro, e non sabemos porque pero non aparecen as ferramentas, polo que non podo facer links.
I. A verdade é que só escribo para contar que mañá marcho a Roma, a ver á nosa Paula. Estaremos desaparecidas durante catro días, as outras tres bloggeiras tamén, as miñas nenas da alma, coas que vou á cidade imperial a visitar á quinta en discordia. Pero o xoves xa estarei de novo dando guerra porque, a verdade, en Roma non vou ter moito tempo para adicarllo ó blog. Uff, aínda non creo que vaia estar aló...
II. A noite de onte é para recordar nos anais da historia. Que vinte proxectos de xornalistas acudan como público ao gran programa do Ghayoso non te prezo, así como cantarlle a Macarena a Los de Río e que estes te respondan chiscándonos o ollo. A verdade é que saín da casa pensando que era un pouco vergonzoso ter que acudir ao Plató 1000 só por 12 míseros euros (incluído o bocata da cea) para o paso de ecuador (houbo quen incluso me dixo que era peor que prostituirse...) pero a verdade é que me divertín. E moito. E fíxome moita ilusión cando a miña nai me dixo que saín na tele polo menos tres veces.

2 Comentarios:

Blogger Fer said...

Destas horas estarás em Roma!
Já estam os romanos a tremer! :)

10:45 pm  
Blogger Príncipe hindú said...

Saludos y buena suerte en tu viaje. Roma es una ciudad preciosa, no sé porqué no está en India ;)
Espero que disfrutes de tu estancia con las demás bloggeras en la Ciudad Eterna.

P. H.

6:17 pm  

Post a Comment

<< Home