31 March 2006

Brava, Paula!


Xa estou de volta. E non teño palabras para describir o marabilloso que foi pasar estos poucos días as cinco xuntas de novo por Roma. Como dixen aos pouco minutos de estar coa nosa Pau, "como cundiu a viaxe!". Sobra dicir que Roma é preciosa, que me encantou a cidade. Pero o mellor foi ver a Paula, falar ata as tantas e que nos contase todo. Sentarnos no medio da Piazza de S. Pietro. Comer pizza, pasta, xelados e cornetti xuntas. Sorprenderme coa Fontana di Trevi e coa Capela Sistina. Que me regalasen un ramo de margaridas brancas... e subir chorando ao bus que nos levaba ao aeroporto porque non a vou ver en varios meses.

5 Comentarios:

Blogger oko said...

Pois si que cundiu, si. Pasear por Roma con tan boa compañía é o único que podía desexar.
Todo foi marabillosos, pero o que máis, Pauliña, sempre e pra sempre. estou a desexar que chegue o vrao pra vela de novo!!!
E por certo, volvendo ao tema da excitación...

9:36 pm  
Blogger xorna said...

ja, ja!
srta. oko, non se corte e diga a frase enteira: "por certo, volvendo ao tema da excitación sexual..."

9:40 pm  
Blogger Aultre Narai said...

bo tema, si señor xD
alégrome que o pasase así de ben pola capital do imperio. a ver cando se collen un tren en dirección ao sur e se me veñen de visita ao meu feudo vigués, quizais así toda a ría se alegre e por fin deixe que avance a primavera á conquista deste pequeno país :) unha apertiña!!

2:28 am  
Blogger Madeleine said...

Unha vez fun a Roma e unha compañeira estaba lendo unha postal diferente, non desas que poñen catro parvadas para que fiques coa envexa no corpo. No medio das súas palabras e os seus nervios, soltei un improperio. E calou. Síntollo moito [...]

3:54 pm  
Blogger oko said...

Eu unha vez sentín vergoña por algo que escribira e calei, e fixen sentir culpable a unha persoa á que quería, e tentei solucionalo cun agasallo improvisado de tres al cuarto.
Agardo que me teña perdoado polo rabinche...

4:53 pm  

Post a Comment

<< Home