21 September 2005

aventuras glamorganas

ai, a minha ocupada vida intercultural non me impide vir todolos dias un ratinho a esta maravillosa aula de informatica para contarvos as minhas andanzas (saiume unha frase moi ao estilo cachi!!!!) ben, pois hoxe estivemos nunhas minas que se chaman big pit. puxemos un casco con linterna e todo e un cinturon que traia un aparello raro para casos de emerxencias. e enton, baixamos un monton de metros en ascensor. e pasamos por uns pasillos moi resbaladizos nos q pegabamos co casco na cabeza. e o noso guia era un vello mineiro igualinho a bilbo bolson!!!!!
a nosa segunda aventura do dia foi a comida: noodles and vegetables ( e dicir, como os fideos chicos de toda a vida, pero con pementos vermellos e amarelos mais maiz e champinhons) e iso acompanhado dunhas patatas fritas gordas e sen sal. e todo isto regado coa maravillosa auga Green Valley (vamos, o que aqui seria Mondariz ou Cabreiroa). a ver se ao sair de aqui pillamos un cafe, senon vou caer co sono. isto de quedar de palique ata as tantas na common room esta ben pero cansa moito. esta noite temos unha festa galesa na students' union. xa contarei...

1 Comentarios:

Blogger Tukinha said...

ala ala que tanto trasnoitar logo claro andamos tiradas polas esquinas nada a disfrutalo. Bikiños

10:32 pm  

Post a Comment

<< Home