04 December 2005

franz kafka


parece mentira que en todo este tempo non falara da miña admiración por kafka. Todo empezou cando por primeiro vez escoitei o termo "kafkiano":

kafkiano, na.
1. adx. Pertencente ou relativo a Franz Kafka ou á súa obra. As novelas kafkianas.
2. adx. Con rasgos característicos deste escritor checo ou de súa obra. Visión kafkiana do mundo.
3. adx. Dito dunha situación: Absurda, angustiosa.

e quixen saber que era iso realmente. e empecei ao grande, coa metamorfose. non hai palabras para describir a historia de Gregor Samsa.
logo viría "América" e "O Proceso"...

3 Comentarios:

Anonymous Anonymous said...

Que cousas! Eu non tiña lido nada del ata chegar aquí á Praga. Visitaba o castelo e non sei por que entrei nunha desas tendas que xuntan todos recordos cantos se poden vender. Vin A Metamorfose e compreimo xunto a unha biografía do paisano. Lino mentres a miña moza durmía e o rematalo deiteime ás súas costas. Se mutaba coma Gregor querería amor de alboio, entre pezas de froita apodrecida atoparía algún buraco húmido e cheirento para pasa-lo día. Nas noites a miña cor escura evitariame morrer esmagado por vasoiras ou pisadas. Nas mañás chimparía enriba dela e faríalle cóxegas nas partes blandas. Se cadra un día poriamos ovos e fariamos un exercito noxento. Logo procurariamos dalgún trasatlántico para expandir algunha epidemia, en vinganza ás mazás que nos tiran.

4:44 pm  
Blogger oko said...

a min, se puidese estar sempre no peto do peito de quen eu quero, non me importaría ser formiga. debe de se mirar o mundo dun xeito distinto, non? tac, tac, tac, abaneado polo latexo do corazón, tac, tac, tac...

5:23 pm  
Anonymous Anonymous said...

oko, outro capicúa!

9:22 pm  

Post a comment

<< Home