09 November 2005

dor de cabeza, estómago e corazón

hoxe é un día raro (cantas veces empecei xa dicindo isto?). non o digo só porque esté a piques de potear pola merda de batido que tomei onte. son outras moitas cousas. estou cabreada cunha persoa. e non sei que dicir. quizais que non me esperaba algo así del. ou si. que me decepcionou. pero por outro lado, non sei, creo que ao non falar cara a cara non se poden solucionar as cousas.
pero non todo é malo. onte retomei a comunicación coa única persoa que non sabia do meu regreso. a verdade é que xa era hora, máis de un mes despois... hai cada jillado polo mundo adiante...
ás veces preguntome se toda a xente terá estas mesmas comeduras de tarro. podo comprobar que os meus amigos si! pero é que non é normal... porque ás persoas nos pasan estas cousas? non podería ser todo máis doado? porque os humanos nos complicamos tanto? ás veces gustaríame ser unha ra, unha formiga ou unha sardiña. a miña vida non sería tan interesante, pero viviría máis tranquila!

0 Comentarios:

Post a comment

<< Home