19 June 2005

dóenme os pés

Xa rematou a miña experiencia como falsa madriña, que basicamente consistiu en sacar unha foto. A experiencia tamén me serviu para coñecer á dobre de Julia Otero e para comprobar que na memoria dos curas, Wojtyla aínda está vivo. E é que o cura dixo en medio da misa: " y el papa Juan Pa... eh... Benedicto XVI...". Tamén me serviu para descubrir que á xente cada día váiselle máis a olla e levan ás nenas como se fosen noivas, con ramo de flores e todo. A xente está moi jillada.
O outro dato importante do día é que votei! Por primeira vez na miña vida votei para tentar botar a Fraga e cía. A ver que pasa. Esta noite saberémolo. Oxalá!

0 Comentarios:

Post a comment

<< Home