
Vaia tempo,eh. Empeza ben o día. Non para, á que se pon a chover non ten parada. Antes todos chamabamos pola chuvia, que se había seca, que se secaba a verdura, que se no inverno había arder o monte, qué sei eu. E agora aí tedes chuvia. Toma chuvia. E a min gústame a chuvia, eh, coidadiño, que se me falta moito tempo aínda parece que me falta algo
13 May 2008
Sex in the city
Non podo esperar dúas semanas e media... Xa sei que isto é super-frívolo e que moitos poden pensar que é unha peli peor que '27 vestidos' ou 'Planes de boda', pero é que Sex in the City encántame! Si, fala de rolletes, moda e cousas dese estilo, pero enganchoume de tal xeito que con ver só o trailer xa me emocionei pensando en cando a vexa dentro duns días nos cines. Que pena que V. e R. estean lonxe e non poida ir vela con elas ao cine pero, chicas, xa sabedes que o día 30 hai cita.
NOTA: imprescindíbel, tacóns e bolso-carterita...

ei! estou a mirar a primeira temporada!!! (e si que engancha!)
ReplyDelete