11 February 2006

(non) Sexo en Compostela

Unha das sorpresas que me deparou este curso en Humidtown foron as miñas compañeiras de piso. Como somos catro, moitas veces penso que parecemos as protagonistas de Sexo en NY, aínda que NY quede un pouco lonxe e que sexo asiduo só o teña unha, a que ten mozo (bueno, isto douno eu por feito, porque nunca lle preguntei nin penso facelo). Ademais, nós tampouco compramos en Dolce & Gabbana e Channel pero, iso si, glamour non nos falta. Como diría un profesor que tiven, imos facer unha taxonomización:
V. é a maior. Quédalle só unha para rematar Dereito e esta a preparar as oposicións a subinspector de traballo (ou algo así era). Como tódalas mulleres de pelo rizo, odia a súa melena, que lle xoga malas pasadas, como o día que a su peluquera lle dixo “Ti non sabes potenciar o rizo que tes”. Imaxinade os resultados: ¿Outras peculiaridades de V.? Pois aparte de que inxire litros de leite e de que fala soa polas noites, pois que sólo ela podería sacar un 7 en romano!!
Ao lado da habitación de V., está a de J., a ateniense e futura farmacéutica da casa. Ela tamén sufre polos seus rizos e realmente curioso vela botando gomina no pelo. ¿Que decir de J? Pois que lle teño que dar as grazas por acollerme na súa casa de Atenas, incluso improvisadamente ( por que teñen que cambiar os horarios do tren cando vou eu a Atenas?).
E só me queda falar de T., que acaba de pasar a fronteira. T. estudia Filoloxía Hispánica e debece polo seu profesor favorito. T. É a máis tola de todas, á que me incita a malos vicios e costumes, aínda que grazas a ela o pasado venres tivemos unha noite de festa redonda.
E por último, eu, que como son a que escribe o blog, pídome o papel de Carrie Bradshaw. Xornalista que só se dedica a escribir unha columna de opinión, pero que gaña un montón de cartos, vai sempre súper glamourosa e se lía con tíos súper interesantes, guapos e forrados!

4 Comentarios:

Blogger Aultre Narai said...

por curiosidade... en que instituto estudiou J.?

7:28 pm  
Blogger xorna said...

uff! nin idea! agora está en atenas, pero pra semana xa lle preguntarei. creo que algunha vez mo dixo, pero a miña memoria...

10:28 pm  
Blogger Aultre Narai said...

xD non o digo por min, dubido bastante que estudiase no meu "colexio"...; pero coñezo unha rapaza que estudiou comigo que fai farmacia. é por iso. a ela seguro que a coñece.

1:03 pm  
Anonymous Anonymous said...

Pois o do sexo ten fácil solución... 677801695

8:52 pm  

Post a comment

<< Home