29 June 2005
que gran día! por fin remataron os exames!!!!!! vou rañar a barriga como fan outros... agora só falta que saian as notas... uff! vou "rezar" por que se non xa sei o que me queda... pero o que me compensa é que por fin o dinosaurio marcha!!!!!! bueno, vou rañar a barriga!
23 June 2005
visitas
contáronme que certas persoas socialmente relevadas visitan este humilde e cutre blog. oh! quen me ía dicir a min que ese gran mártir da patria se dignaría a pasearse por estos lares.... ooooooh!
21 June 2005
cabreo
non escribin nada ata agora porque quedei moi depre polo do domingo á noite. temos tan mala sorte que seguron que conseguen o escaño de Pontevedra. nisto non son nada optimista. estou tan depre que non sei que contar. nin a manipulación das imaxes nas que aparecemos lara e máis eu na tvg me fan graza ( agora si que río co meu galego supernormativo). ala, a estudiar soengas, que es superentretenido.
19 June 2005
dóenme os pés
Xa rematou a miña experiencia como falsa madriña, que basicamente consistiu en sacar unha foto. A experiencia tamén me serviu para coñecer á dobre de Julia Otero e para comprobar que na memoria dos curas, Wojtyla aínda está vivo. E é que o cura dixo en medio da misa: " y el papa Juan Pa... eh... Benedicto XVI...". Tamén me serviu para descubrir que á xente cada día váiselle máis a olla e levan ás nenas como se fosen noivas, con ramo de flores e todo. A xente está moi jillada.
O outro dato importante do día é que votei! Por primeira vez na miña vida votei para tentar botar a Fraga e cía. A ver que pasa. Esta noite saberémolo. Oxalá!
O outro dato importante do día é que votei! Por primeira vez na miña vida votei para tentar botar a Fraga e cía. A ver que pasa. Esta noite saberémolo. Oxalá!
tim burton
este é outro deses iconos margaritianos. é todo un personajillo. é único. nada incomparable. e dende que manolo (técnico) está mutando e cada día se parece máis a el estou que non regulo. canto vou botar de menos a manolo (técnico) alá en glamorgan. quen me axudará agora a usar o avid? con quen falarei para facer entrevistas por teléfono? a quen lle pedirei que me abra a cabina? quen me dira cantas dioptrías teño? quen me vai dicir agora que non podemos grabar porque o estudio está ocupado? quen?
cachi cachi
ai! manolo xa está pillado hai moito e parece que non o vai soltar, así que teremos que ir buscando outro. pero ti, maki, non te alteres tanto que xa hai un paxariño revoloteando por aí, que despois de moito escalar chegou á punta do Everest
18 June 2005
exames
As miñas ganas de estudiar son cero. Aínda faltan uns poucos días para o exame de soengas. Pero co conto de que dá tempo, deixo pasar os días e non fago nada e logo chega o día antes do exame e estou toda agobiada. En fin, o de sempre. Creo que é un mal conxénito do estudante.
ivanciño
este é un blog moi recomendado... é que iván é un deus da música. só el pode cantar así... (tu risa fue espectáculo, eres espectáculo, espectáculo!!!!!)
jon
outro dos meus ídolos xornalísticos. eu de maior non quero ser como Beckham. eu quero ser como jon
angels
ai! unha das miñas ídolas xornalísticas marcha. volve a tv3. envexo ós cataláns, porque só eles poderan disfrutar desa gran comunicadora.
viva buenafuente..........y su princesa
e dun catalán a outro. lara, xa sei que pensas que son unha pesada con buenafuente, pero é que ese tío é marabilloso. pero o que non me mola nada é que agora a todo o mundo lle guste. eu xa o coñecía cando só era coñecido en Catalunya. Eu xa vira o seu potencial nos zapping... Como envexo a Carolina Ferre...
quim monzo
un dos mellores cuentistas. eu diría que o mellor dos que están vivos, aí no cumio da montaña rivalizando con manolo
falsa madriña
isto de ir de falsa madriña é unha carallada: que si o vestido, que si os zapatos, que si alisar o pelo. se o sei non vou.
cuestion de tocar as bowlings
o de escribir en galego é porque me dixeron que hai un tío que vai deixando comentarios a aqueles que escriben en galego e que non sabe moi ben se isto é catalán ou euskera. Guapito, isto é GALEGO
manuel antonio
manuel antonio é un dos meus iconos (influencia maragaritiana) xunto con outros moitos. sei dalgunha que ten unha montaña chea de amores (aínda que actualmente un alcanzou ó cumio). Pois eu teño unha chea deses referentes literarios. Alí tamén se atopan Castelao ( no cumio), Manolo, Suso, Quim Monzó, Dieste, Kafka, García Márquez...